viernes, 5 de febrero de 2010

Odisea 2010

Está claro que o concurso é para os rapaces, e tamén os meus alumnos e alumnas dos moitos anos que levo animándoos a participar poden dar fe de que nunca lles dixen unha resposta. O certo é que máis dunha vez me queixei de que as respostas dalgúns grupos eran sospeitosamente rápidas, e dalgunhas cousas máis.
O caso é que nesta ocasión, utilizaron a rede para recibir algunha axuda,non miña dende logo.
Certo é tamén, que, no último momento, me deixei levar pola paixón que me inspirou a súa dedicación e habilidade e lles fixen un comentario que, sen duda, sobraba en tódolos sentidos, era algo obvio. Proba de que non me metín no resto das respostas foi que non dixen nin pío do de Palamedes.
Como ben dis, o concurso foi evolucionando e está moi ben que a fase final sexa en igualdade de condicións para todos. Pido disculpas polo meu desliz e, se vos parece, retirámonos do desempate.
Adiante coa Odisea, é un xogo de aprendizaxe e non só para o alumnado. Un saúdo, Álvaro e compañía.

No hay comentarios: