Mostrando entradas con la etiqueta concurso Odisea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso Odisea. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de enero de 2025

Odisea 2025


A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a vixésima edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia. Aquí tedes o enlace ás Bases e ao calendario completo. 

A continuación, un pequeno resumo:

Terá lugar os días 3, 4, 5 e 6 de febreiro (primeira fase), e os días 12 e 19 de febreiro (desempate local e fase final estatal respectivamente).

Nesta nova aventura de ODISEA 2025 navegaremos achegándonos a un novo tema: Os animais en Grecia e Roma.

 Os tres primeiros días (luns 3, martes 4 e mércores 5 de febreiro) sairán publicadas tres preguntas” que versarán sobre temas relacionados coa Cultura Clásica:

  • 1º día, as preguntas serán sobre os Animais na mitoloxía grega e romana.
  • 2º día, versarán sobre oAnimais na vida cotiá de Grecia e Roma.
  • 3º día, serán sobre oAnimais na historia e institucións grecolatinas.
No cuarto día (xoves 6 de febreirosairán publicadas outras “preguntas-pistas” e un “preguntón”, de maior dificultade que as preguntas ordinarias: a resposta do “preguntón” virá dada polas iniciais das respostas correctas destas “preguntas-pistas”, seguindo a orde de publicación das mesmas, e que non deberán necesariamente ir acentuadas se a vogal da resposta do preguntón o está. Estas preguntas serán todas elas sobre os Animais na literatura grecolatina.

A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta nova singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas, e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estritamente necesario.

Fábula de Esopo para navegantes polas imprevistas e enigmáticas augas de Odisea

Unha tartaruga e unha lebre discutían sobre quen era máis rápida. Así, fixaron unha data e un lugar e separáronse. A lebre, pola súa natural rapidez, descoidou o poñerse á carreira, tombouse á beira do camiño e durmiuse. Pero a tartaruga, consciente da súa propia lentitude, non cesou de correr, e deste xeito tomou a dianteira á lebre durmida e levou o premio do triunfo.

A fábula amosa que moitas veces o esforzo vence á natureza descoidada.La liebre y la tortuga

domingo, 21 de marzo de 2021

Odisea 2021. A saúde e a enfermidade en Grecia e Roma


O IES Cidade de Antioquía participará de novo no concurso Odisea -organizado pola SEEC- que comeza mañá luns. Sete barcos ben aprovisionados navegarán polas esvaradías augas dos mares odiseicos.

Que os ventos lle sopren favorables!

jueves, 2 de febrero de 2017

Odisea 2017

Preparámonos para a Odisea deste ano!


Aquí temos o enlace ó concurso.



Os grupos deste ano son:
  • Os Poseidóns
  • Mitoloxía moderna
  • Unicornios
  • Acero Puro
  • Gladiatrix
Comezamos a facer sacrificios e libacións por que teñan unha viaxe frutífera!


jueves, 25 de febrero de 2010

Resultado final

Parabéns ó grupo de Lugo,As escravas de Davo, que á espera de confirmación, son as vencedoras. Pero para o ano......

miércoles, 24 de febrero de 2010

Final estatal do concurso Odisea

Non quero ser cruel recordándovos que, con facilidade, vós podiades ser arestora os que disputásedes esta final, pero .... atrevédesvos con estas preguntas? Seguro que si.

Preguntón final

miércoles, 13 de enero de 2010