domingo, 22 de marzo de 2020

Sobre as pestes no mundo grego

Dúas preguntas a propósito da situación actual, repetición doutras epidemias no pasado:

  1. En que dúas obras que xa lemos este curso se menciona "a peste"?
  2. Que famoso político ateniense falleceu durante a peste que recrea esta pintura?

La peste de Atenas de Michiel Sweerts, S.XVII

Ribosoma e outros.... helenismos?

Un dos últimos días de clase, analizamos na clase de grego de 1º os traballos feitos por alumnado de 1º de ESO sobre as células coa intención de iluminar algo a terminoloxía empregada.
Primeiro escollemos aquelas palabras que nos soaban a grego:

  • Cloroplastos
  • Citoplasma
  • Endoplasmático
  • Ribosoma
  • Lisosoma
  • Procariota
A continuación tratamos de descubrir algunha palabra grega coñecida detrás desas "extrañas" formacións. O resultado foi pobre, pero ...:
  • -soma: corpo
E despois mergullámonos no dicionario de grego tratando de atopar as palabras gregas relacionadas. E atopamos:
  • m
  • m

Só se nos resisitiu unha: ribo-. Acabamos deducindo que iso non era grego. Ás veces os científicos deciden innovar e "inventan" palabras para nomear cousas que non tiñan nome. E así ponllo difícil ós lingüistas. Aquí tedes a solución ó misterio.