Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actualidade. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de septiembre de 2015

As illas gregas e os refuxiados. Enigma

Nestes últimos meses, o nome de varias illas gregas fixéronse coñecidos non por seren destino turístico, senón pola chegada de milleiros de persoas que fuxía das guerras nos seus países. Dúas cuestións para dar por superado o enigma:

  1. Localiza nun mapa do Medirráneo dúas destas illas.
  2. Copia algún verso escrito por alguén que viviu nunha destas illas no S.VII a.C.

martes, 13 de mayo de 2014

PENÉLOPE

O día das Letras Galegas 2014 está adicado a José María Díaz Castro. Un dos seus poemas titúlase Penélope. Aquí tedes unha creación feita por o alumnado do obradoiro de plástica do IES As Barxas de Moaña. Parabéns:
 Moitos poetas  tomaron a figura desta muller para as súas creacións. Tamén existen letras de cancións modernas que a mencionan. Aquí podedes deixar a vosa recolleita de creacións artísticas inspiradas en Penélope.

martes, 8 de abril de 2014

Outro papiro. Outro enigma


A través deste papiro chegarás a unha nova aparecida hoxe nun xornal. Despois de lelo, anota o que non entendas e responde ás seguintes cuestións:



  • En que lingua está escrito? Recoñeces algunha letra ? Algunha palabra?
  • Que é un códice?
  • Que é un palimsesto?

lunes, 29 de abril de 2013

Aniversario da morte de Kavafis

Cando fagas a viaxe cara Ítaca, prega que sexa longo o camiño, cheo de peripecias, cheo de coñecementos. Así comeza o poema máis coñecido deste grego de Alexandría. Neste mesmo blog, temos a tradución completa e o texto grego.

martes, 5 de abril de 2011

Que bonito!


Cristina Rosenvinge ofrécenos esta delicada versión do mito de Eco.
Grazas, Trini, por todo, tamén por esta aportación ó meu baúl de tesouros.

martes, 2 de noviembre de 2010

A morte en Grecia

Coñecedes o epitafio de Seikilos? Unha interesante tentativa de achega á música grega antiga, vinculada ó tema que nos envolve nestes primeiros días do outono, tempo de escuridade e néboa, necesario para despois renacer na primavera.
Con epitafios empecei o curso e con eles seguiremos.
Boa escoita!