lunes, 29 de noviembre de 2010

Corrixido o erro, agora si, Para reforzar as nosas conviccións

Un artigo interesante para responder a esa pregunta que estaredes fartos e fartas de escoitar: e para que sirven as Humanidades?
Por certo, Martha Nussbaum (a quen se cita no artigo) ten un libro que me encantou sobre a traxedia grega (La fragilidad del bien: fortuna y ética en la tragedia y la filosofía griega [traducción de Antonio Ballesteros] Madrid: Visor, 1995).

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Notas 2º bach.

Lucía......5
Gabriel...7
Alba.......7
Iago......9

Recordade que están calificados sobre 9

jueves, 4 de noviembre de 2010

Homero

Os exames estaban bastante ben. Algúns comentarios:
  • O vello do que falaba o texto era Príamo, rei de Troia, pai de Héctor e Paris, esposo de Hécuba.
  • O Pelida é Aquiles, fillo de Peleo
  • A Ilíada narra só uns días do décimo e último ano da guerra de Troia
  • Os gregos reciben outros nomes: dánaos, arxivos, aqueos.

martes, 2 de noviembre de 2010

Concurso

Atención, amantes dos concursos. Novamente as meles da competición no horizonte. Aínda non están as bases pero para ir abrindo boca, picade εδώ

A morte en Grecia

Coñecedes o epitafio de Seikilos? Unha interesante tentativa de achega á música grega antiga, vinculada ó tema que nos envolve nestes primeiros días do outono, tempo de escuridade e néboa, necesario para despois renacer na primavera.
Con epitafios empecei o curso e con eles seguiremos.
Boa escoita!