lunes, 31 de enero de 2011

A diferencia entre neo- e paleo-

Gustaríame que escoitásedes a esta moza que sempre me gustou na tele e na radio. Aquí conta a súa experiencia lingüística que me resulta tan familiar....!
Aproveito que fai un xogo con estes prefixos gregos para poñervos tarefa: localizade os helenismos que poidades no seu discurso. Hai premio para quen máis localice (e non son puntiños).
Un aliciente máis, menciona Xinzo -xa sei que iso vos gusta moito-.

domingo, 30 de enero de 2011

Αἴνιγμα

Un dos mellores pianistas españois contemporáneos estreará un concerto para piano e orquesta en Madrid o próximo 1 de febreiro. Non poderemos asistir á estrea, pero ímonos achegar un pouco á súa obra incitándovos a descubrir o título dese concerto, título que dende o principio nos achega ó mundo grego.
Seguro que dades coa solución. Pero, por se o puxen difícil de máis, a primeira pista: o título traducido xa volo dixen.

miércoles, 19 de enero de 2011

Sobre a Cólquida

Onte falamos de Medea e o seu lugar de orixe, onde chegaron Xasón e os Argonautas. Aquí tedes un mapa que o sitúa. A que país(es) actual corresponde?

martes, 18 de enero de 2011

jueves, 6 de enero de 2011

Αἴνιγμα

Aínda que non ten nada que ver coa temática do concurso, si que vos pode axudar a quitar a ferruxe dos vosos circuitos despois de untalos con tanto melindre (xa sei, algúns e algunhas exercitastes as vosas neuronas cada día cos exercicios greco-latinos que vos recomendei, e algún outro andou coa orella posta na música que escoitaba por ver se algo soaba a helénico). En calquera caso, a ver se resolvedes este enigma:
A quen se atribúe o que din estas liñas escritas en grego? Como se coñece tradicionalmente? Descubrides algo coa tradución que se perdía cando o estudiastes?

Ἐν τοῖς ὀρθογωνίοις τριγώνοις τὸ τετράγωνον ἀπὸ τῆς ὑποτεινούσης πλευρᾶς ἴσον ἐστὶ τοῖς τετραγώνοις ἀπὸ τῶν τὴν ὀρθὴν γωνίαν περιεχουσῶν πλευρῶν .

Concurso Odisea 2011




Xa está aquí unha nova edición desta fermosa aventura; que recordos nos trae da singladura do ano pasado! Os ventos sopraron favorables, logo levantouse unha forte treboada que case afunde as naves limiás; non puideron co seu ímpetu e conseguiron chegar a bo porto coroados de loureiro.
Todos e todas aprendemos da viaxe. Oxalá este ano as aventuras nos deixen novos sabores, a ser posible dóces, aínda que o amargo tamén presta ás veces.
Déixome de lerias e vaiamos ó asunto: aquí tedes toda a información sobre a convocatoria que presenta como único requisito estar matriculado nun centro da comunidade galega. Veredes que hai algunhas novas con respecto a outros anos.
Ídevos preparando, navegantes!