lunes, 31 de enero de 2011

A diferencia entre neo- e paleo-

Gustaríame que escoitásedes a esta moza que sempre me gustou na tele e na radio. Aquí conta a súa experiencia lingüística que me resulta tan familiar....!
Aproveito que fai un xogo con estes prefixos gregos para poñervos tarefa: localizade os helenismos que poidades no seu discurso. Hai premio para quen máis localice (e non son puntiños).
Un aliciente máis, menciona Xinzo -xa sei que iso vos gusta moito-.

2 comentarios:

Ósca dijo...

Creo que encontramos a resposta da famosa pregunta, pero nalgunha páxina aparece acabada en -e e noutras en -on. Como en case todas se dá a segunda opción eu púxenme a pensar e supoño que podería ser un problema coa flexión da palabra e a súa transcrición ó galego ou ó castelán, pero supoño que lle faremos caso ás opcións maioritarias e optaremos pola segunda; imos ben así?

agra dijo...

Como sabedes, non podo dicir nada; só que valoredes todas as opcións e que tratedes de asegurarvos do que contestedes.
Sorte!