martes, 7 de enero de 2025

Odisea 2025


A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a vixésima edición do concurso ODISEA, no que poderán participar todos os alumnos e alumnas que así o desexen, pertencentes a calquera dos Centros Oficiais de Ensino Secundario de Galicia. Aquí tedes o enlace ás Bases e ao calendario completo. 

A continuación, un pequeno resumo:

Terá lugar os días 3, 4, 5 e 6 de febreiro (primeira fase), e os días 12 e 19 de febreiro (desempate local e fase final estatal respectivamente).

Nesta nova aventura de ODISEA 2025 navegaremos achegándonos a un novo tema: Os animais en Grecia e Roma.

 Os tres primeiros días (luns 3, martes 4 e mércores 5 de febreiro) sairán publicadas tres preguntas” que versarán sobre temas relacionados coa Cultura Clásica:

  • 1º día, as preguntas serán sobre os Animais na mitoloxía grega e romana.
  • 2º día, versarán sobre oAnimais na vida cotiá de Grecia e Roma.
  • 3º día, serán sobre oAnimais na historia e institucións grecolatinas.
No cuarto día (xoves 6 de febreirosairán publicadas outras “preguntas-pistas” e un “preguntón”, de maior dificultade que as preguntas ordinarias: a resposta do “preguntón” virá dada polas iniciais das respostas correctas destas “preguntas-pistas”, seguindo a orde de publicación das mesmas, e que non deberán necesariamente ir acentuadas se a vogal da resposta do preguntón o está. Estas preguntas serán todas elas sobre os Animais na literatura grecolatina.

A nosa nave xa correu innúmeras aventuras na navegación polo proceloso mar dos centros de toda Galicia e, unha vez máis, nesta nova singladura, ansiamos chegar á nosa illa sans e salvos e tamén máis sabios. Deixemos aos nosos alumnos e alumnas que se enfronten como modernos heroes ás preguntas, e desfruten da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, que cheguen sós a Ítaca e culminen a súa viaxe sen consultar ao oráculo máis que o estritamente necesario.

Fábula de Esopo para navegantes polas imprevistas e enigmáticas augas de Odisea

Unha tartaruga e unha lebre discutían sobre quen era máis rápida. Así, fixaron unha data e un lugar e separáronse. A lebre, pola súa natural rapidez, descoidou o poñerse á carreira, tombouse á beira do camiño e durmiuse. Pero a tartaruga, consciente da súa propia lentitude, non cesou de correr, e deste xeito tomou a dianteira á lebre durmida e levou o premio do triunfo.

A fábula amosa que moitas veces o esforzo vence á natureza descoidada.La liebre y la tortuga

No hay comentarios: