miércoles, 10 de febrero de 2010

Chegamos a Ítaca!

Só podo reiterar os meus parabéns a Caribdis. Que días tan longos e intensos!. Non sabedes a ledicia que me destes e o que disfrutei véndovos tan centrados e tan metidos no traballo.
Penso que fostes fantásticos -e fantástica, non me quero esquecer da moza- e a perda deses -s non vai empañar o voso éxito.
Eu tamén revisei o de Tirteo e non vexo ningunha obxección para que sexa válido.
Xa enviei a reclamación.
Descansade e disfrutade da agradable sensación da chegada a casa despois desta longa e custosa travesía.

5 comentarios:

Iago dijo...

Moitas grazas por estar apoiando sempre! Cando cho dixemos casi semellaba que te alegrabas ti máis ca nós... bueno e agora a descansar POR SUPOSTO! Que esto de facer unha viaxe por todo o Mediterráneo éche cansado, sobretodo tendo polo camiño monstros coma nós, non?

Gabriel dijo...

moitas grazaas ..........pensei k me daba algo .....pero agora durmimos tranquilos

Iago dijo...

E unha preguntiña, as reclamacións xa as podías mandar xa? E que como o día das reclamacións estaba datado pra mañá...

Iago dijo...

Xa nos aceptaron a reclamación! Viva!

Ruth dijo...

Moitas grazas polas felicitcións, e bueno... agora esperar ao día 8 para celebralo.