jueves, 4 de febrero de 2010

Concurso Odisea 2010

Podedes dar grazas a ese anónimo que vos axudou.
En todo caso, revisade todas as respostas, porque penso que tamén tiñades mal o conselleiro do neto de Laertes, aínda que agora, sabendo a inicial, a solución é doada.
Noraboa polo traballo e non esquezades o exame de mañá.

1 comentario:

Álvaro P. Vilariño dijo...

O concurso é para os rapaces. Debemos, os profes, absternos de comentar calquera pregunta, aínda que nos coste ás veces.
Os meus alumnos poden dar fe de que nunca lle digo nada sobre as preguntas, nin se están ben nin se están mal, e non será pola veces que me preguntan, que me fríen a mensaxes.
Pero manteño a calma, e se vexo algo que está mal, trago saliva e calo.
Será agora no desempate, que estará vixiado por membros da organización, onde se verá aos verdadeiros campeóns do concurso.