martes, 1 de marzo de 2011

Mañá tampouco vou estar convosco así que, alumnado de 2º de bac....

Como ben sabedes, non son nin moito menos imprescindible. Por iso, despois do descanso que, imaxino, tomastes hoxe, pídovos que continuedes coas traducións de Eutropio -onde quedamos antes do exame- e Xenofonte -rematado o texto 40, pasade ó 42-. Agardo estar o xoves, pero se non fose así, informareivos neste mesmo lugar. Se tedes dúbidas, podedes consultarme aquí mesmo, indicando, no caso de Xenofonte, non o nº do texto senón a referencia que vén abaixo, xa que non teño aquí a antoloxía pero si a obra completa.
(Non sei se volo dixeron pero a causa da miña ausencia foi un accidente in itinere, non de coche, senón que ía μετὰ τὰ πὸδια, a 10 m. de casa, por unhas escaleiras abaixo; en fin, como xa aprendestes de Sófocles, estamos sometidos á vontade dos deuses, que de cando en vez nos deixan caer dende o máis alto -nunca mellor dito- para recordarnos que somos θνητοί)

1 comentario:

clase 2ºBACH dijo...

Ola!!!recuperate pronto Ana,que non damos feito nada sen ti...
(Gabriel,Lucia,Alba)....(e que o Iago estaba moi ocupado e non se molestou en escribir nada)