martes, 15 de junio de 2010

Moita, moitísima sorte!


Ou máis ben, xustiza, pedimos. Porque de verdade que todos e todas merecedes un bo resultado nas probas que empezades mañá. Foron dous -algún tres- anos na vosa compaña que nunca esquecerei: animástesme nos moitos momentos malos que pasei, aguantastes o meu mal humor e o meu caos cando circunstancias alleas a vós me fixeron andar ó límite, en fin, que aínda que probablemente a partires de agora nos vexamos e nos falemos pouco -a vida nos leva por camiños diversos-, sempre terei un recordo para vós e sempre agradecerei recibir noticias vosas. Por suposto que cada éxito voso fareino meu: iso é, entre outras cousas, o meu combustible, a miña enerxía.
Para rematar, pensaba poñervos hoxe a foto que me pedistes, pero -que raro-, non a teño aquí. No seu lugar queda estoutra

5 comentarios:

Maria O. dijo...

Ooohh!!! Anagloriaa, pero que maja eres jaja!

Unknown dijo...

Non deas gracias por algo que che corresponde. Non o fixemos por ti, o de aguatarte cada dia deste curto ano, fixemolo mais ben por nos e porque asi o queriamos facer.
Conta que polo menos, pola miña paarte, sempre teras noticias e un anaquiño dos meu recordos para tert a ti e a todos aquelas peronas que nos axudaron a formarnos para ser alguen nesta vida.
As grazas temos que darvolas nos por haber feito posible que chegaramos tan lonxe e por abrinos as porte a un sifin de momentos que se sucederon e se sucederan e, tan solo grazas a vos Ana.

Anónimo dijo...

maria dorrio:
aiii ana!! q bonito!! q nos fas emocionarr!! moitas gracias a ti, por ser asi como eres! claro q teras noticias nosas! faltaria mais! un abrazo moi grande!! =)

Anónimo dijo...

Jacinto Quintáns:
Paréceme que fun o último en comentar.. Non deas as grazas porque o pracer tamén foi noso...e a verdade é que as clases contigo foron sempre moi amenas, nas que o pasabamos...dentro do que cabe...bastante ben!!!Coido que as grazas debemos darchas nós a ti por aguantarnos...sobre todo no ano en que cursamos primeiro de bacharalato...co tema da excursión, etc...pero no recordo queda a obra de teatro, a excursión a lucus augusti...e tantos días de clases que se sucederon como anécdota tras anécdota.
Agora tocanos comezar unha nova etapa das nosas vidas...pero ti sempre serás a "nosa Ana Gloria".
moitas grazas por todo

Maria Ojea dijo...

AAAAAAYY Anaa, que nervios!! comezamos o martes xa!