sábado, 8 de mayo de 2010

Unha curiosidade

Mencionei a Heródoto como unha das fontes da biografía de Ciro o Vello. Sabiades que Heródoto é o primeiro autor que menciona o uso do petróleo?. Escoitádeo:
...situado a cuarenta [estadios] do pozo que produce tres tipos de sustancias. Resulta que dese pozo sácase asfalto, sal e aceite mediante o seguinte procedemento...O asfalto e o sal solidifican inmediatamente, pero o aceite...que é negro e que despide un forte olor, os persas chámanlle radinace.

O lugar do que fala está no Golfo Pérsico, na actual aldea iraní de Quirab, onde quedan restos dunha calzada e edificacións antigas. Polo tanto a riqueza petrolífera desta zona ven de lonxe.

No hay comentarios: