sábado, 8 de mayo de 2010

Sobre Ciro o Grande, o Vello




Compre distinguir entre dous personaxes presentes na obra de Xenofonte que comparten nome. Ciro o Mozo é o promotor da expedición que se nos conta na Anábase. Ciro II o Grande - c. 580-530 a.C.- foi o fundador do imperio persa. As súas conquistas extendéronse sobre Media, Lidia e Babilonia, dende o mar Mediterráneo ata a cordillera del Hindú Kush -actualmente Afganistán-, creando así o máis grande imperio coñecido ata ese momento.O imperio fundado por Ciro mantivo a súa existencia durante máis de douscentos anos, ata a súa conquista final por Alejandro Magno (332 a. C.).
Era fillo de Cambises I de Anshan, da dinastía aqueménida, e, segundo Heródoto, de Mandane, filla do rei medo Astiaxes e de Aryenis, princesa do reino de Lidia. Isto proporciónalle certa lexitimidade sobre os tronos de Media e Lidia, polo que se pode tomar como un invento da propaganda oficial; as alianzas dinásticas eran usuais.
Cara ao 559, Ciro II sucedeu ao seu pai Cambises I. Segundo Heródoto, Ciro rebelouse contra o soberano medo Astiaxes, a quen logrou depoñer logo de recibir o apoio de Harpago, comandante do exército medo. Ciro tomou entón Ecbatana, a capital de Media, e trasladou o seu tesouro a Persia.
A continuación Ciro emprende a conquista de Lidia
A fronteira occidental do área de influencia meda era o río Halys (Anatolia, actual Turquía), que o separaba do reino de Lidia que tiña como rei a Creso.
Segundo Heródoto, consultou ao oráculo de Delfos sobre a conveniencia de atacar aos persas, e este respondeulle que se o facía, destruiría un gran imperio. Entón, Creso cruzou o río Halys e enfrontouse con Ciro en Pteria, non lográndose unha vitoria definitiva para ningún dos dous bandos. Pero, máis tarde, Sardes caeu e, a piques de ser queimado na fogueira, a vida de Creso foi perdoada por Ciro. O gran imperio destruído terminaba sendo, entón, o seu propio.
A mediados do S.VI a.C. Ciro emprende a conquista de Babilonia
O rei de Babilonia era naquel momento Nabónido, que pasara boa parte do seu reinado no oasis árabe de Tema, pero regresara a Babilonia probabelmente a raíz da ameaza de Ciro.
Para a conquista de Babilonia, Ciro tivo o apoio do sacerdocio babilonio, que estaba enfrontado con Nabónido por mor das súas reformas relixiosas.
As provincias orientais do Imperio persa, que corresponden aos actuais Afganistán, Taxiquistán, Uzbequistán e Turkmenistán foron anexionadas por Ciro en data imprecisa.Son mencionadas como satrapías (provincias) persas no ano 521 polo que necesariamente formaban parte do Imperio de Ciro. Ciro puido telas herdado do reino medo, ou telas conquistado trala anexión de Lidia, segundo se pode supoñer dos historiadores gregos Heródoto e Ctesias.
A área de Siria e Palestina, que formaba parte do Imperio Neobabilónico, foi subxugada pacificamente. Ciro permitiu o regreso a Palestina das comunidades xudías deportadas en Babilonia (Esdras), así como, segundo datos arqueolóxicos, de grupos de deportados arameos á súa terra de orixe en Siria.
As cidades fenicias non ofreceron resistencia, e estableceuse unha especie de protectorado persa nelas.
Cara ao 529, Ciro emprendeu unha campaña contra os nómades escitas do nordeste do imperio, concretamente a tribo dos masaxetas, deixando ao seu fillo Cambises como herdeiro co título de rei de Babilonia. Segundo informes posteriores fundou unha cidade preto do Sir Darya, Cirópolis ou *Kurushkatha. En todo caso, foi superado e morto polos escitas. Foi sucedido polo seu fillo Cambises II.

No hay comentarios: