domingo, 14 de octubre de 2012

Polis gregas

Neste mapa teremos sempre a man as principais polis gregas

Colonización. Colonización grega

O concepto de colonización:

  • Colonización é un termo que se emprega en distintos contextos, pero sempre co sentido xeral de "ocupación dun espazo". Restrinxido ós grupos humanos, é un proceso de expansión, invasión e de dominio político, cultural e económico practicado por certos Estados sobre outros estados ou pobos que entón están obrigados a aceptar lazos máis ou menos estreitos de dependencia. Trátase dun proceso expansionista de ocupación, que consiste no estabelecemento dunha ou varias colonias pola posta baixo influencia estranxeira doutros territorios. Cando hai dominio político do territorio e suxeición dos seus habitantes, fálase entón de imperialismo de parte do centro político de decisión chamado metrópole.


Grecia ata Alexandre Magno

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Máis sobre a crise grega

Este ano este blog vai durmir. Porén, de cando en vez, recollerei algunhas cousas de especial interese -coma esta-: Pedro Olalla dende Atenas danos esta visión pouco difundida do que está a pasar.