martes, 2 de noviembre de 2010

Concurso

Atención, amantes dos concursos. Novamente as meles da competición no horizonte. Aínda non están as bases pero para ir abrindo boca, picade εδώ

A morte en Grecia

Coñecedes o epitafio de Seikilos? Unha interesante tentativa de achega á música grega antiga, vinculada ó tema que nos envolve nestes primeiros días do outono, tempo de escuridade e néboa, necesario para despois renacer na primavera.
Con epitafios empecei o curso e con eles seguiremos.
Boa escoita!

martes, 26 de octubre de 2010

Ἄλλο αἴνιγμα β

Ἄλλο αἴνιγμα



Quen sabe como remata o principio aquí enunciado?
Que sabedes de Arquímedes? Coñecedes algún descubrimento máis? Na seguinte entrada deixo unha foto doutro dos seus enxeños. Sabedes que é e que utilidade ten?

viernes, 22 de octubre de 2010

Homero

Aquí quedan uns apuntamentos para axudar a ler a Ilíada, comprender o texto e preparar o exame. Recomendable facer unha versión propia a partires da lectura.