sábado, 5 de febrero de 2011

Lectura colectiva da Odisea

Se queredes participar nesta actividade, pinchade εδώ e seguide as instruccións. Non podedes perder esta oportunidade! O luns falamos -seguro que teño que pincharvos-.
Por certo, ὑπέρ-parabéns a todos os grupos do Cidade de Antioquía que pelexaron por desentrañar os misterios das preguntas-preguntóns Odisea 2011! Fixéstelo moi, moi ben, con paciencia, traballo e empeño, como se consiguen as cousas. Máis cedo ou máis tarde chegará o premio.
E por suposto, parabéns a Ana e Óscar, Atenea e Ares, que van loitar na final-desempate o próximo mércores. Sorteeeeeee!

4 comentarios:

Óscar dijo...

Ana, acaba de aparecer unha clasificación provisional na que aparecen 9 equipos con puntuacións maiores que as iniciais e outros 9 (entre os que estamos nós) cos mesmos puntos có principio... supoño que ó non recibir ben as nosas respostas aínda non incorporarían os puntos... de todos modos, ningún deses 9 ten tódalas preguntas perfectas, polo que hai esperanza...

Óscar dijo...

Son eu outra vez, mira, que estou vendo as respostas e 9 vannos ben, e nunha nós responderamos "Demarete" e a que marca como correcta e "Demareta", polo que como sae nalgunhas páxinas como nós a puxemos supoño que nos admitirán a reclamación...

Óscar dijo...

E escoita, mándolle xa unha reclamación ou espero a que saian as puntuacións, que cres que é mellor?

agra dijo...

Eu penso que debemos agardar a que saia a clasificación e, seguindo as bases, a partires dese momento, envías a reclamación co argumento correspondente. Eu fixen as mesmas contas ca ti e tamén penso que haberá esperanza.
Quizais ata mañá non saia nada; haberá que agardar aínda que estou que sobo polas paredes....