lunes, 19 de abril de 2010

Επιστροφή των Μαρμάρων του Παρθενόνα τώρα. Quosque tandem....


Ata cando haberá que seguir pedindo que devolvan á Hélade o que lle levaron? Cada certo tempo avívase a reivindicación que Melina Mercuri -actriz e cantante grega-, sendo ministra de cultura, levou polo mundo nos anos oitenta.
Ata agora, só en 2006 se conseguiu que un pé pertencente a un relevo do friso do Partenón fose devolto por unha Universidade alemana. Parecía un gran paso o que este pé daba xa que se rompía a disciplina de grupo imposta entre todos os saqueadores. Sen embargo aí se detivo a historia.
Agora, coas posibilidades da rede, as campañas teñen máis difusión. Este ενδιαφέρον video quere tocarnos as conciencias.
Neste mesmo blog hai outra entrada coa ligazón a unha páxina interesante, onde podedes ver o que está no Partenón e o que está no British.
Hai moitos máis sitios que podedes ir pescudando na rede.Este tamén me gusta.
Quen sabe se así...

3 comentarios:

Saul dijo...

δικαιοσύνη¡¡¡¡¡ haber se por fin logran recuperar o que é seu¡¡¡
deixoche aqui un enlace dunha viaxe en 3D por ourense ... espero que che guste

Saul dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=cCLVTvst0Pw

agra dijo...

Grazas, Saúl.