domingo, 1 de noviembre de 2009

῾Υπατία

Συγνώμη, παιδιὰ, retraseime moito pero, por fin, aquí vos queda o espazo para enviar o material que elaborastes sobre Hipatia.

2 comentarios:

Iago dijo...

Iago Nóvoa Gómez

NACEMENTO E EXPANSIÓN DO CRISTIANISMO

Nacido en Xerusalén, o cristianismo expandiuse inicialmente entre os xudeos de Palestina, ata que Pablo un xudeo de Tarso de Cicilia, difundiu o cristianismo entre os paganos. Viaxou polo Mediterráneo e chegou ata Roma, onde o empuxe do cristianismo comezou a preocupar á autoridade imperial.

Despois de que Roma se incendiara, Nerón atribuíullo aos cristiáns, que empezaron a ser perseguidos, pero aínda así non se conseguiu frear a súa expansión. O emperador Decio, declarou o cristianismo un crime, e comezou unha persecución masiva contra eles. No ano 261, o cristianismo acabou sendo tolerado, pero Diocleciano lanzou no ano 303 a persecución máis violenta de todas, que acabou favorecendo ó cristianismo, xa que provocou loitas internas no Imperio.

O emperador Constantino, invocou ó “Deus dos cristiáns” na batalla da ponte de Milvio, despois da cal estableceu a liberdade relixiosa e a devolución dos bens confiscados ós cristiáns. Despois disto, a relixión cristiá pasou a ser hexemónica no Imperio, ata que o emperador Teodosio, ordenou o peche dos templos pagáns, para convertelos en iglesias.

Anónimo dijo...

Alba Rodriguez Fidalgo


BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA

Esta biblioteca fundada quizá por Tolomeo I Soter foi considerablemente aumentada polo seu fillo Tolomeo II Filodelfo.As probas das que dispomos suxiren que estivo no Barrio Palacial de Alexandría quizá adxacente ó Museo e complementada con outro edificio (Serapeo).

Estiveron ó frente dela filósofos como Zenódoto,Eratóstenes,Aristarco,e ata o poeta Calímaco.Según afirmacións diverxentes contiña de 100.000 a 700.000 volumes.

Tamen se dice que Tolomeo II adquiriu a Biblioteca que formara Aristóteles e que Tolomeo III se apropiou das copias e oficiales dos textos de Esquilo,Sófocles e Eurípides,perdendo o elevado depósito que pagara ó tomalas prestadas de Atenas.

Convertiuse no gran centro literario do mundo helenístico e os usos dos seus copistas foron decisivos nas formas de producción.Calímaco confeccionou catálogos de estes contidos.

Houbo unha gran rivalidade entre as cidades de Alexandría e Pérgamo na ampliación das suas respectivas bibliotecas.Según Platurco,no 47 a.C foi queimada tras a entrada de César en Alexandría.Foi restaurada e novamente destruída no 391,tal e como se nos presenta na gran producción de Alejandro Amenábar,Agora.

A actual Biblioteca de Alexandría inagurouse o 16 de outubro do ano 2002.A actual biblioteca está situada na Corniche da Cidade de Alexandria, a poucos metros do lugar onde se supón que estaba situada a antiga.