martes, 15 de septiembre de 2009

Para os limiaos que cruzaron os Pirineos

Ola benqueridos discípulos. Ata hoxe non me decatara de que debía mirar por vós. Xa sei que estades contentiños e como me alegra que sexades tan dispostos e botados para adiante coñecendo mundo e abrindo aínda máis os vosos horizontes.
Que faltiña faría que o mundo galego mirara máis cara afora e se afastase un pouco do terruño de sempre. En fin, divagacións miñas.
O que ía: non te preocupes, Saúl. Empeza por repasar un chisco as declinacións e o modo indicativo do verbo modelo e do εἰμί.
Para que non che sexa tan aburrido, sen as miñas gracias, colle un dos textos do final do libro e busca artigos, sustantivos, verbos,analízaos e incluso tenta traducir algo. Disme a páxina, e eu corríxocho.
Imos empezar por iso, un repaso gramatical, pero tamén nos imos lanzar a traducir textos de verdade mirando o que non recordedes polo libro.
Ocórreseme algo máis que podes tentar como aventura intelectual boísima. Poderías conseguir unha Ilíada en francés e tentar ler o canto I que entra na selectividade? Téntao e cóntasme.
Φιλάκια για Σαύλ, Ιυάν καὶ Δάνι. Ou sexa, biquiños para os tres limiaos que se nos foron lonxe.

1 comentario:

Anónimo dijo...

ola!!!!!
pos gracinhas por porte en contacto comigo e asi poder resolver dubidas que tenha......
a verdade e que ainda non mirei nada de grego..... pero esta semana ponhome........
bueno pos ke si me van surxindo algunhas dubidas comunicarichas.....
moitas gracias por tod
un bico forte.

Saul