domingo, 14 de octubre de 2012

Polis gregas

Neste mapa teremos sempre a man as principais polis gregas

Colonización. Colonización grega

O concepto de colonización:

  • Colonización é un termo que se emprega en distintos contextos, pero sempre co sentido xeral de "ocupación dun espazo". Restrinxido ós grupos humanos, é un proceso de expansión, invasión e de dominio político, cultural e económico practicado por certos Estados sobre outros estados ou pobos que entón están obrigados a aceptar lazos máis ou menos estreitos de dependencia. Trátase dun proceso expansionista de ocupación, que consiste no estabelecemento dunha ou varias colonias pola posta baixo influencia estranxeira doutros territorios. Cando hai dominio político do territorio e suxeición dos seus habitantes, fálase entón de imperialismo de parte do centro político de decisión chamado metrópole.


Grecia ata Alexandre Magno

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Máis sobre a crise grega

Este ano este blog vai durmir. Porén, de cando en vez, recollerei algunhas cousas de especial interese -coma esta-: Pedro Olalla dende Atenas danos esta visión pouco difundida do que está a pasar.

martes, 24 de mayo de 2011

καλό ταξίδι; Para Raquel, Sheilas, Lucías (perdón, Alba e Lucía), Iago e Gabriel.

Σα βγεις στον πηγαιμό για την Ιθάκη, Cando fagas a viaxe cara a Ítaca
να εύχεσαι νάναι μακρύς ο δρόμος, prega que sexa longo o camiño
γεμάτος περιπέτειες, γεμάτος γνώσεις. cheo de peripecias, cheo de coñecementos.
Τους Λαιστρυγόνας και τους Κύκλωπας, ós Lestrigóns e ós Cíclopes
τον θυμωμένο Ποσειδώνα μη φοβάσαι, ó entolecido Poseidón non temas,
τέτοια στον δρόμο σου ποτέ σου δεν , tales cousas xamais no teu camiño
θα βρεις atoparás
αν μεν' η σκέψις σου υψηλή, se o teu pensamento se mantén alto,
αν εκλεκτή se unha senlleira
συγκίνησις το πνεύμα και το σώμα σου αγγίζει. emoción che toca a alma e o corpo.

(o poema completo na entrada do 15 de abril de 2010)
Para esta viaxe que emprendedes, o poema de Kavafis pode resumir os meus desexos e consellos para vós ("que o teu pensamento se manteña alto, que a túa alma e o teu corpo estean sempre abertos á emoción...). Saboreade día a día a vida (como saboreamos o μπακλαβά, lembrádelo?)
Un agasallo de despedida: unha das cancións que máis me emocionan; unha muller que paga a pena escoitar e ver!