O concepto de colonización:
- Colonización é un termo que se emprega en distintos contextos, pero sempre co sentido xeral de "ocupación dun espazo". Restrinxido ós grupos humanos, é un proceso de expansión, invasión e de dominio político, cultural e económico practicado por certos Estados sobre outros estados ou pobos que entón están obrigados a aceptar lazos máis ou menos estreitos de dependencia. Trátase dun proceso expansionista de ocupación, que consiste no estabelecemento dunha ou varias colonias pola posta baixo influencia estranxeira doutros territorios. Cando hai dominio político do territorio e suxeición dos seus habitantes, fálase entón de imperialismo de parte do centro político de decisión chamado metrópole.
- En Grecia: O proceso de fundación de polis en lugares afastados das cidades tradicionais clásicas (Atenas, Esparta...) ou cidades "nais", que formaban parte da península grega, deron orixe a novas cidades en lugares como Italia (Magna Grecia), a Península Ibérica (Emporion) ou Francia (Massalia).
No hay comentarios:
Publicar un comentario