martes, 15 de junio de 2010

Moita, moitísima sorte!


Ou máis ben, xustiza, pedimos. Porque de verdade que todos e todas merecedes un bo resultado nas probas que empezades mañá. Foron dous -algún tres- anos na vosa compaña que nunca esquecerei: animástesme nos moitos momentos malos que pasei, aguantastes o meu mal humor e o meu caos cando circunstancias alleas a vós me fixeron andar ó límite, en fin, que aínda que probablemente a partires de agora nos vexamos e nos falemos pouco -a vida nos leva por camiños diversos-, sempre terei un recordo para vós e sempre agradecerei recibir noticias vosas. Por suposto que cada éxito voso fareino meu: iso é, entre outras cousas, o meu combustible, a miña enerxía.
Para rematar, pensaba poñervos hoxe a foto que me pedistes, pero -que raro-, non a teño aquí. No seu lugar queda estoutra

martes, 8 de junio de 2010

Preparación selectividade

Ánimo, queda pouco. Comentarios ás traducións entregadas:
. V. xenitivo partitivo, pxna. 163. Importante para texto 11
. Verbo πορεύω: o dicionario di que en voz media e pasiva ten un sgdo. especial. Texto 10
. Repasade como se traducen as etapas e as parasangas. Tamén o acusativo de relación para indicar a anchura dun río, por exemplo
. A cólera de Aquiles: Tema principal e fío conductor da Ilíada: por que, que consecuencias ten, como remata.

domingo, 6 de junio de 2010

jueves, 3 de junio de 2010

Algunhas observacións ás traducións entregadas

1. Pregunta de gramática imprescidible: que é ἦσαν;
2. ἡγουμένου non pode ser de ἀγω; o espírito é distinto!É de ἡγέομαι
3. μετὰ δὲ ταῦτα: Despois diso. Recordade, é asi como comezan as Helénicas e por iso podería ser que Xenofonte pretendese continuar a obra de Tucídides.
4. λόγος: palabra importantísima no grego antigo. Non é só palabra senón tamén RAZÓN. Por iso, hai helenismos nos que significa palabra -filoloxía- e noutros razón/estudo coa razón/ciencia que se ocupa de... -antropoloxía-

martes, 1 de junio de 2010

Preparación selectividade

Queridos e queridas σπουδαστές. Espero que xa teñades o voso horario de estudo ben organizado. Tratade de facer un pouco de grego cada día ou cada dous días. Poñede aquí as vosas dúbidas e traballos ou ben enviádemos. Ánimo.