domingo, 20 de diciembre de 2009

Aquí dúas imaxes de Nadal grego:

Το Χριστουγεννιάτικο δέντρο και το καράβι .

Καλή χρονιά,
ευτυχία,και
υγία
παιδιά μου!

sábado, 19 de diciembre de 2009

Medea

Acabo de vir do teatro. Unha maravillosa Medea, con todos os ingredientes dunha traxedia grega: música, coros ben feitos, paixón, venganza, dor .... En fin, quero compartilo convosco así, en fresco.
Aquí máis información

O luns comentaremos o mito de Medea. Podedes ir buscando algo.

martes, 15 de diciembre de 2009

Notas 1º

Lucía....5´5
Iago.....7´5
Gabriel..4´75
Alba.....6´75
Sheila E.....1´5
Sheila B....3
Raquel....2


Recordade: faltan os 2 ptos de C.C. O xoves!

lunes, 14 de diciembre de 2009

Exame 1º bac

O mércores faremos a parte que falta de cultura e civilización. Mañá porei as notas do que fixestes hoxe.

sábado, 12 de diciembre de 2009

martes, 8 de diciembre de 2009

Exercicios para o mércores, 5 de decembro.

Hoxe non vou estar, αλλὰ εδὼ έχετε ασκέσεις:
-Σελίδα -páxina- 110: 1)
-Σελίδα 111: 1),3),4-e)
-Σελίδα 113: 6-c),),k), 11)
-Σελίδα 99: 6)

martes, 17 de noviembre de 2009

Notas 1º Bac

Gabriel...5´75
Lucía......9´25
Alba......8´75
Sheila Estévez....4´5
Raquel ......4´25
Sheila Batt......3´25
Iago......8´75

domingo, 1 de noviembre de 2009

῾Υπατία

Συγνώμη, παιδιὰ, retraseime moito pero, por fin, aquí vos queda o espazo para enviar o material que elaborastes sobre Hipatia.

domingo, 25 de octubre de 2009

O gorrión ou Papá, por qué la gallinita dijo eureka?

Un video para reflexionar e para practicar. Como se di gorrión στα νέα ελληνικά; Ευχαριστώ πολύ για Καρμεν Ριομπό που μου έστειλα.

martes, 15 de septiembre de 2009

Para os limiaos que cruzaron os Pirineos

Ola benqueridos discípulos. Ata hoxe non me decatara de que debía mirar por vós. Xa sei que estades contentiños e como me alegra que sexades tan dispostos e botados para adiante coñecendo mundo e abrindo aínda máis os vosos horizontes.
Que faltiña faría que o mundo galego mirara máis cara afora e se afastase un pouco do terruño de sempre. En fin, divagacións miñas.
O que ía: non te preocupes, Saúl. Empeza por repasar un chisco as declinacións e o modo indicativo do verbo modelo e do εἰμί.
Para que non che sexa tan aburrido, sen as miñas gracias, colle un dos textos do final do libro e busca artigos, sustantivos, verbos,analízaos e incluso tenta traducir algo. Disme a páxina, e eu corríxocho.
Imos empezar por iso, un repaso gramatical, pero tamén nos imos lanzar a traducir textos de verdade mirando o que non recordedes polo libro.
Ocórreseme algo máis que podes tentar como aventura intelectual boísima. Poderías conseguir unha Ilíada en francés e tentar ler o canto I que entra na selectividade? Téntao e cóntasme.
Φιλάκια για Σαύλ, Ιυάν καὶ Δάνι. Ou sexa, biquiños para os tres limiaos que se nos foron lonxe.

jueves, 18 de junio de 2009

Perdoa, Belén. Hoxe foi un día moi malo e cun atranco que aínda non acabei de solucionar. Hoxe ti fuches un dano colateral, non che prestei a atención debida.
No exame tes un 8 e aínda non puxen as notas finais.
Por se andades todos por aí: como van esas maletas?

miércoles, 17 de junio de 2009

Γεια σας, παιδιὰ μου. Τί κάνετε;
Σας στέλνω τα αποτελέσματα του τεστ που εκάνατε σήμερα. Θέλω να σας πω κάτι: είστε καλοί μαθητές καὶ είμαι σίγουρα να σας extrañarei πολλά. Φιλάκια.
Notas:
  • Saúl: 7
  • Jacinto: 8
  • Cristina: 6´25
  • Mª Paz: 7´5
  • Estefanía: 6´5
  • Soraya: 4´25
  • María G. D: 6´75
  • María G. O: 8´25
  • Lucía : 5´75
  • Iván: 7
Ninguén terá que facer recuperación, aínda que a nosa Afrodita favorita andou na parra demais, pero claro, unha deusa é unha deusa! e tanta actividade amatoria impediulle rebaixarse a estudar aoristos e demais.
Igualmente Mikel J. estaba excesivamente preocupado polo nariz que lle saíu na foto -tranquilo, disque o mesmo lle pasaba a Cleopatra e, sen embargo, arrasaba con todo romano, exipcio ou nubio que por alí pasase-. Tampouco te torturarei estes días que quedan con aumentos, reduplicacións e outras j.... da αρχαία ελληνικά.
O resto, tedes todo bastante aceptable e só se queredes subir nota faredes un exame máis, completo ou da parte na que vós decidades mellorar.
Dito todo isto, despídome ata mañá -aínda teño que ir facer un ratiño de parque, o que menos me gusta da faceta materna-.
Só quedan dous días e librádesvos de min, polo menos por agora!
Que sexades πολύ ευτυχές πάντα.

lunes, 15 de junio de 2009

αγαπημένοι μαθητές μου: Chegou o final de curso e o último exame. Tranquis, o que tiñades que facer xa o fixestes e agora só é cuestión de reafirmar o que xa sabedes. Déixovos a análise da última frase que fixemos na clase. Xa sabedes, se hai dúbidas, enviádeas aquí.

Sux.: Λύκος θεασαμένος αγα π τινος κρημνο νεμομένην
Núcleo do Sux.: Λύκος
O resto Mod.(or. sub. adxectiva de participio).
θεασαμένος: Vbo. da subord.
αγα π τινος κρημνο νεμομένην: C.D. . O núcleo en groso. O resto Mod.(or.sub. adx. de partic.).; o particip. é o verbo e o Sint.prepos. CC.
παρνει Verbo ppal. É pt. imperfecto porque:

  • παρ-ῃνει: παρ-αινέω. O aumento de αι é
  • ῃνέ- ε =ῃνει έ+ ε=ει
Raíz- des. secund.

ατν C.I. , vai en ac. porque o rixe o verbo, tal e como vos puña na nota.
καταβναι. C.D

Tradución: Un lobo, vendo/que viu unha cabra que pacía/pacendo nun precipicio, aconselláballe baixar.

viernes, 17 de abril de 2009

Para escribir en grego

Neste enlace conseguides as fontes gregas. http://www.ub.es/filologiagrega/electra/euclides/esp/index.htm

Teatro no Cidade de Antioquía

Hoxe, o alumnado de 1º de Bac. representou unha estupenda versión do xuízo de Paris e outras aventuras divinas. Moito humor, moito traballiño e sobre todo moita iniciativa.καληώρα, παιδιά μου. Non cambiedes!En canto teña as fotos, publicámolas.

martes, 14 de abril de 2009

Unha guía de lecturas clásicas

http://osegrel.blogspot.com/index.html  (en documentos a compartir)
Unha wiki onde podedes deixar as vosas cousiñas e ver o que xa hai, que aínda non é moito.
http://quid.wikispaces.com
 Πάσχα στην Ηλλάδα είναι τώρα.
Un chiste a propósito de como se celebra alí. Pilládelo?

Ευχαριστώ πολύ, Χουάν Χιλ Μαιοράλ, που μου έστειλα.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Á procura do resto arqueolóxico!

Máis pistas sobre a peza que tedes que valorar:
1. Está ó pé dunha árbore
2. Non é a súa ubicación orixinal
3. Está rota en tres pedazos.

A ver quen é o primeir@ en atopala en entregarme a valoración/descripción.Tamén podedes enviar foto.

O luns, máis pistas.

Ευτυχεία, παιδιά μου

lunes, 9 de febrero de 2009

Un bo exemplo de representación de comedia grega.

  • Actividade para o alumnado que asistiu ó obradoiro de arqueoloxía:
  1. Fai un artigo para publicar en Belión sobre o que aprendiches no obradoiro
  2. Localiza, no recinto do Instituto, un resto romano.
  3. Coas fichas que vos demos, fai un pequeno estudo desta peza.
  • Data de entrega: 2 de Abril.

sábado, 7 de febrero de 2009

Actividade para o grupo de teatro do I.E.S. Cidade de Antioquía

1. Busca información sobre Aristófanes http://es.wikipedia.org/wiki/Aristófanes
2. Elabora un pequeno resumo de As Tesmoforias axeitado para o público que vai ver a nosa representación.
3.Busca imaxes coas que poidamos ilustrar a nosa presentación da obra http://farm2.static.flickr.com/1260/853918997_239b63fcde.jpg?v=0
4.Propón música para cada parte da obra a partires das audicións que vos suxira.
5. Engade os teus comentarios referentes ós ensaios.


  • Presenta todo esto neste mesmo blog ou en clase
  • Engadirei bibliografía σιγά, σιγά.

Artigo interesante para animar o noso traballo teatreiro: http://www.xornal.com/article.php?sid=200902060056180000

viernes, 6 de febrero de 2009

Ó alumnado de Bac.

Xa podedes acceder sen restriccións. Se tedes dúbidas, comentarios, suxestións ...este pode ser un bo camiño.

domingo, 1 de febrero de 2009


Comezo este blog sen ter aínda moi claro  o que vai ser del.
De momento, deixo constancia de que me parece unha ferramenta moi interesante, que quizais non atopei no mellor momento da miña vida en canto a disponibilidade.
Empezarei por colocar unha imaxe que me dá folgos.