miércoles, 9 de noviembre de 2011

Máis sobre a crise grega

Este ano este blog vai durmir. Porén, de cando en vez, recollerei algunhas cousas de especial interese -coma esta-: Pedro Olalla dende Atenas danos esta visión pouco difundida do que está a pasar.

martes, 24 de mayo de 2011

καλό ταξίδι; Para Raquel, Sheilas, Lucías (perdón, Alba e Lucía), Iago e Gabriel.

Σα βγεις στον πηγαιμό για την Ιθάκη, Cando fagas a viaxe cara a Ítaca
να εύχεσαι νάναι μακρύς ο δρόμος, prega que sexa longo o camiño
γεμάτος περιπέτειες, γεμάτος γνώσεις. cheo de peripecias, cheo de coñecementos.
Τους Λαιστρυγόνας και τους Κύκλωπας, ós Lestrigóns e ós Cíclopes
τον θυμωμένο Ποσειδώνα μη φοβάσαι, ó entolecido Poseidón non temas,
τέτοια στον δρόμο σου ποτέ σου δεν , tales cousas xamais no teu camiño
θα βρεις atoparás
αν μεν' η σκέψις σου υψηλή, se o teu pensamento se mantén alto,
αν εκλεκτή se unha senlleira
συγκίνησις το πνεύμα και το σώμα σου αγγίζει. emoción che toca a alma e o corpo.

(o poema completo na entrada do 15 de abril de 2010)
Para esta viaxe que emprendedes, o poema de Kavafis pode resumir os meus desexos e consellos para vós ("que o teu pensamento se manteña alto, que a túa alma e o teu corpo estean sempre abertos á emoción...). Saboreade día a día a vida (como saboreamos o μπακλαβά, lembrádelo?)
Un agasallo de despedida: unha das cancións que máis me emocionan; unha muller que paga a pena escoitar e ver!



lunes, 11 de abril de 2011

De megalómanos ...2

Síntoo, o enlace do primeiro artigo está mal e non consigo subilo correctamente. Como somos políglotas dabondo, por que non lelo en versión orixinal? Un bo exercicio para comparar a transcripción de helenismos en linguas diferentes.

jueves, 7 de abril de 2011

Corrección vbos

Pxna. 341,2:
  • Inf. pres. act. ἄπειμι
  • nom. mc.pl.part.pres φημί
  • 3ªsg fut εἰμί
  • 3ªsg.imp.φημί
  • nom.mc.sg.part.pres. εἴσειμι
  • 1ªpl. pres.opt. φημί
  • 3ªsg.imp ἔπειμι
  • 3ªpl. imp. σύνειμι
  • dat.fem. sg. part.pres. πάρειμι
  • 1ªsg.fut. φημί
  • 1ª/3ªsg.imp. εἴσειμι
Pxna. 343, 1:

  • 1ªpl. impf./aor.
  • 3ªpl.pres./aor. opt.
  • nom.mc.sg.part,pres./aor.med.
  • inf.pres./aor.act.
  • 3ªsg.pres./aor.imperat.act.
  • nom.mc.sg.part.pres./aor.act.
  • 2ªsg.pres./aor.subx. act.

De megalómanos, xinecocracias e outros helenismos

Neste artigo do New York Times -traducido- temos unha chea de helenismos. Busca, analiza e comprende.
A continuación, cambiando de tema, fai o mesmo con estoutro

martes, 5 de abril de 2011

lunes, 28 de marzo de 2011

Sobre κυβερνάω

  • Non se documenta κυβερ nin nada similar
  • Sobre a súa etimoloxía (Chantraine, Dict.étymologique de la langue grecque): posiblemente un préstamo.
  • En latín guberno é préstamo do grego.
  • Significado de cibernética: "Estudio dos procesos de control e de comunicación nos animais e no ser humano e, por analoxía relativa con estes, tamén nos sistemas de determinadas máquinas". A informática é unha aplicación da cibernética. A cibernética naceu no ano 1948.
  • Isto di a wikipedia: "La cibernética es una ciencia, nacida hacia 1942 e impulsada inicialmente por Norbert Wiener que tiene como objeto “el control y comunicación en el animal y en la máquina” o “desarrollar un lenguaje y técnicas que nos permitirán abordar el problema del control y la comunicación en general”. En 1950, Ben Laposky, un matemático de Iowa, creó los oscilones o abstracciones electrónicas por medio de un ordenador analógico: se considera esta posibilidad de manipular ondas y de registrarlas electrónicamente como el despertar de lo que habría de ser denominado computer graphics y, luego, computer art e infoarte. [...]. La palabra cibernética fue utilizada por primera vez en el contexto de "el estudio de auto-gobierno" por Platón en Las Leyes para significar la gestión de las personas. Las palabras de gobernar y el gobernador están relacionados con la misma raíz griega. La palabra "cybernétique" también fue utilizada en 1834 por el físico André-Marie Ampère (1775-1836) para referirse a las ciencias de gobierno en su sistema de clasificación de los conocimientos humanos. El primer sistema de regulación automática artificial, un reloj de agua, fue inventado por Ktesibios .

τραγούδι

A ver se vos gusta! fixádevos que ben pronuncian os helenos e helenas o castelán, con ese toque especial do /r/. Aproveitade para recoñecer palabras.
Tamén vos deixo este enlace a unha emisora grega por se vos apetece escoitar música grega.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Guerras médicas

Neste video podedes ver unha boa exposición das batallas principais e do contexto xeral. Aproveitade estes días sen clase para facer un pequeno esquema do tema a partir desta información.

E observade estas imaxes de 300

Existieron Leónidas y sus 300 espartanos? Esto pasó en la batalla

martes, 1 de marzo de 2011

E para 1º de bac.

Non vos esquecín, pero vouvos dar libre ata o xoves; se daquela non estou xa recuperada, poreivos algunha δουλεία.
Ata pronto!

Mañá tampouco vou estar convosco así que, alumnado de 2º de bac....

Como ben sabedes, non son nin moito menos imprescindible. Por iso, despois do descanso que, imaxino, tomastes hoxe, pídovos que continuedes coas traducións de Eutropio -onde quedamos antes do exame- e Xenofonte -rematado o texto 40, pasade ó 42-. Agardo estar o xoves, pero se non fose así, informareivos neste mesmo lugar. Se tedes dúbidas, podedes consultarme aquí mesmo, indicando, no caso de Xenofonte, non o nº do texto senón a referencia que vén abaixo, xa que non teño aquí a antoloxía pero si a obra completa.
(Non sei se volo dixeron pero a causa da miña ausencia foi un accidente in itinere, non de coche, senón que ía μετὰ τὰ πὸδια, a 10 m. de casa, por unhas escaleiras abaixo; en fin, como xa aprendestes de Sófocles, estamos sometidos á vontade dos deuses, que de cando en vez nos deixan caer dende o máis alto -nunca mellor dito- para recordarnos que somos θνητοί)

lunes, 28 de febrero de 2011

Sobre a crise grega

Cambiamos de tema e de época: aquí vos queda unha entrevista a un profesor que traballa en Grecia e que nos dá unha visión interesante do que pasou en Atenas e que non nos é tan alleo.

Imperio persa

Con este video rematamos o repaso a Ciro e o imperio persa. Recordade que neste blog hai unha entrada adicada a Ciro o Vello ou Grande.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Ἔρως

Esta é a cita completa do verso de Alcmán (fragmento 101 D):

Ἔρως με δηὖτε Κύπριδος ἕκατι γλυκὺς κατείβων καρδίαν ἰαίνει.

"Outra vez Eros, dulce, por causa de Cipris, inundándome o corazón, ablándamo"

Recordades un verso de Safo no que dicía que Eros era γλυκύπικρος;


sábado, 5 de febrero de 2011

Lectura colectiva da Odisea

Se queredes participar nesta actividade, pinchade εδώ e seguide as instruccións. Non podedes perder esta oportunidade! O luns falamos -seguro que teño que pincharvos-.
Por certo, ὑπέρ-parabéns a todos os grupos do Cidade de Antioquía que pelexaron por desentrañar os misterios das preguntas-preguntóns Odisea 2011! Fixéstelo moi, moi ben, con paciencia, traballo e empeño, como se consiguen as cousas. Máis cedo ou máis tarde chegará o premio.
E por suposto, parabéns a Ana e Óscar, Atenea e Ares, que van loitar na final-desempate o próximo mércores. Sorteeeeeee!

viernes, 4 de febrero de 2011

Teatro grego

Aquí vos deixo un enlace con información que vos pode axudar a prepararvos para a lectura de Edipo rei. Tamén nestoutro lugar tedes información e cuestionarios par ver se entendestes o que lestes.
En canto a Asambleístas, aquí , aquí e aquí tamén se vos dá información de interés. E, mirade, aínda que só sexa por ver como rin en grego, este cómic feito από a obra de Aristófanes. E podedes buscar neste blog -coa etiqueta teatro- unha representación desta obra.
Boas lecturas.

jueves, 3 de febrero de 2011

Non deixedes de ir!

Esta muller chegou a Ourense dende Lesbos hai tempo; a paisaxe galega meteuse nela e, xunto cos recordos da súa terra, deu como froito esta maravilla que vos recomendo con todo o meu corazón.
Podedes aproveitar tamén para darvos conta de canto grego sabedes. Quen o ía dicir, o grego vale para algo!

lunes, 31 de enero de 2011

A diferencia entre neo- e paleo-

Gustaríame que escoitásedes a esta moza que sempre me gustou na tele e na radio. Aquí conta a súa experiencia lingüística que me resulta tan familiar....!
Aproveito que fai un xogo con estes prefixos gregos para poñervos tarefa: localizade os helenismos que poidades no seu discurso. Hai premio para quen máis localice (e non son puntiños).
Un aliciente máis, menciona Xinzo -xa sei que iso vos gusta moito-.

domingo, 30 de enero de 2011

Αἴνιγμα

Un dos mellores pianistas españois contemporáneos estreará un concerto para piano e orquesta en Madrid o próximo 1 de febreiro. Non poderemos asistir á estrea, pero ímonos achegar un pouco á súa obra incitándovos a descubrir o título dese concerto, título que dende o principio nos achega ó mundo grego.
Seguro que dades coa solución. Pero, por se o puxen difícil de máis, a primeira pista: o título traducido xa volo dixen.

miércoles, 19 de enero de 2011

Sobre a Cólquida

Onte falamos de Medea e o seu lugar de orixe, onde chegaron Xasón e os Argonautas. Aquí tedes un mapa que o sitúa. A que país(es) actual corresponde?

martes, 18 de enero de 2011

jueves, 6 de enero de 2011

Αἴνιγμα

Aínda que non ten nada que ver coa temática do concurso, si que vos pode axudar a quitar a ferruxe dos vosos circuitos despois de untalos con tanto melindre (xa sei, algúns e algunhas exercitastes as vosas neuronas cada día cos exercicios greco-latinos que vos recomendei, e algún outro andou coa orella posta na música que escoitaba por ver se algo soaba a helénico). En calquera caso, a ver se resolvedes este enigma:
A quen se atribúe o que din estas liñas escritas en grego? Como se coñece tradicionalmente? Descubrides algo coa tradución que se perdía cando o estudiastes?

Ἐν τοῖς ὀρθογωνίοις τριγώνοις τὸ τετράγωνον ἀπὸ τῆς ὑποτεινούσης πλευρᾶς ἴσον ἐστὶ τοῖς τετραγώνοις ἀπὸ τῶν τὴν ὀρθὴν γωνίαν περιεχουσῶν πλευρῶν .

Concurso Odisea 2011




Xa está aquí unha nova edición desta fermosa aventura; que recordos nos trae da singladura do ano pasado! Os ventos sopraron favorables, logo levantouse unha forte treboada que case afunde as naves limiás; non puideron co seu ímpetu e conseguiron chegar a bo porto coroados de loureiro.
Todos e todas aprendemos da viaxe. Oxalá este ano as aventuras nos deixen novos sabores, a ser posible dóces, aínda que o amargo tamén presta ás veces.
Déixome de lerias e vaiamos ó asunto: aquí tedes toda a información sobre a convocatoria que presenta como único requisito estar matriculado nun centro da comunidade galega. Veredes que hai algunhas novas con respecto a outros anos.
Ídevos preparando, navegantes!