jueves, 25 de febrero de 2010

Resultado final

Parabéns ó grupo de Lugo,As escravas de Davo, que á espera de confirmación, son as vencedoras. Pero para o ano......

miércoles, 24 de febrero de 2010

Final estatal do concurso Odisea

Non quero ser cruel recordándovos que, con facilidade, vós podiades ser arestora os que disputásedes esta final, pero .... atrevédesvos con estas preguntas? Seguro que si.

Preguntón final

miércoles, 10 de febrero de 2010

Chegamos a Ítaca!

Só podo reiterar os meus parabéns a Caribdis. Que días tan longos e intensos!. Non sabedes a ledicia que me destes e o que disfrutei véndovos tan centrados e tan metidos no traballo.
Penso que fostes fantásticos -e fantástica, non me quero esquecer da moza- e a perda deses -s non vai empañar o voso éxito.
Eu tamén revisei o de Tirteo e non vexo ningunha obxección para que sexa válido.
Xa enviei a reclamación.
Descansade e disfrutade da agradable sensación da chegada a casa despois desta longa e custosa travesía.

martes, 9 de febrero de 2010

A casa romana

Aquí

Adiante!!!!!

Sabedes que é raro que falte, pero é unha cuestión médica inamovible. Teño cita ás 9, é dicir, seguro que no primeiro recreo xa estou. Precisamente virei no coche con Ana, polo que xa falamos.
A posibilidade de non vernos deixeina por se se me complicaba o tema. Pero en principio non entra dentro do probable.
Estádeme tranquis, que é só un xogo!

Ausencia da profesora.

Máñá, mércores, non estarei á hora da clase. Dado que sabedes que non me gusta perder tempo, déixovos aquí tarefas para aproveitar a hora:
- Pxna.153 ex.2: rematalo.
- Pxna. 154, ex. 5, a),b), e)
- Pxna. 163, ex. 6, e)
- Pxna. 171, ex.7, a)d)

Caribdis:
Ó longo da mañá chegarei e xa falamos de como nos organizamos para a tarde.
Se por o que fose non nos vemos, quedamos ás 16 h. na entrada do aparcamento do IES Blanco Amor -éntrase pola Avda. de Marín, a rúa que vai dende a Estación do Ferrocarril á ponte Nova-.
Levade os libros que vos pareza, incluídos os de texto -latín e grego-. Eu xa levo os da biblioteca.
E mantede a calma, eu confío en vós.

domingo, 7 de febrero de 2010

Notas último exame 1º Bach.

Sheila B...3´75.Mal os verbos e pronomes
Alba.......8´25
Lucía......5´75 Mal os verbo e os pronomes
Gabriel....7 Mal os pronomes
Iago.......8´75
Sheila E. e Raquel. Mal todo.

Mañá vemos os exames.

viernes, 5 de febrero de 2010

Odisea 2010

Está claro que o concurso é para os rapaces, e tamén os meus alumnos e alumnas dos moitos anos que levo animándoos a participar poden dar fe de que nunca lles dixen unha resposta. O certo é que máis dunha vez me queixei de que as respostas dalgúns grupos eran sospeitosamente rápidas, e dalgunhas cousas máis.
O caso é que nesta ocasión, utilizaron a rede para recibir algunha axuda,non miña dende logo.
Certo é tamén, que, no último momento, me deixei levar pola paixón que me inspirou a súa dedicación e habilidade e lles fixen un comentario que, sen duda, sobraba en tódolos sentidos, era algo obvio. Proba de que non me metín no resto das respostas foi que non dixen nin pío do de Palamedes.
Como ben dis, o concurso foi evolucionando e está moi ben que a fase final sexa en igualdade de condicións para todos. Pido disculpas polo meu desliz e, se vos parece, retirámonos do desempate.
Adiante coa Odisea, é un xogo de aprendizaxe e non só para o alumnado. Un saúdo, Álvaro e compañía.

jueves, 4 de febrero de 2010

Concurso Odisea 2010

Podedes dar grazas a ese anónimo que vos axudou.
En todo caso, revisade todas as respostas, porque penso que tamén tiñades mal o conselleiro do neto de Laertes, aínda que agora, sabendo a inicial, a solución é doada.
Noraboa polo traballo e non esquezades o exame de mañá.