miércoles, 11 de febrero de 2009

Á procura do resto arqueolóxico!

Máis pistas sobre a peza que tedes que valorar:
1. Está ó pé dunha árbore
2. Non é a súa ubicación orixinal
3. Está rota en tres pedazos.

A ver quen é o primeir@ en atopala en entregarme a valoración/descripción.Tamén podedes enviar foto.

O luns, máis pistas.

Ευτυχεία, παιδιά μου

lunes, 9 de febrero de 2009

Un bo exemplo de representación de comedia grega.

  • Actividade para o alumnado que asistiu ó obradoiro de arqueoloxía:
  1. Fai un artigo para publicar en Belión sobre o que aprendiches no obradoiro
  2. Localiza, no recinto do Instituto, un resto romano.
  3. Coas fichas que vos demos, fai un pequeno estudo desta peza.
  • Data de entrega: 2 de Abril.

sábado, 7 de febrero de 2009

Actividade para o grupo de teatro do I.E.S. Cidade de Antioquía

1. Busca información sobre Aristófanes http://es.wikipedia.org/wiki/Aristófanes
2. Elabora un pequeno resumo de As Tesmoforias axeitado para o público que vai ver a nosa representación.
3.Busca imaxes coas que poidamos ilustrar a nosa presentación da obra http://farm2.static.flickr.com/1260/853918997_239b63fcde.jpg?v=0
4.Propón música para cada parte da obra a partires das audicións que vos suxira.
5. Engade os teus comentarios referentes ós ensaios.


  • Presenta todo esto neste mesmo blog ou en clase
  • Engadirei bibliografía σιγά, σιγά.

Artigo interesante para animar o noso traballo teatreiro: http://www.xornal.com/article.php?sid=200902060056180000

viernes, 6 de febrero de 2009

Ó alumnado de Bac.

Xa podedes acceder sen restriccións. Se tedes dúbidas, comentarios, suxestións ...este pode ser un bo camiño.

domingo, 1 de febrero de 2009


Comezo este blog sen ter aínda moi claro  o que vai ser del.
De momento, deixo constancia de que me parece unha ferramenta moi interesante, que quizais non atopei no mellor momento da miña vida en canto a disponibilidade.
Empezarei por colocar unha imaxe que me dá folgos.