domingo, 25 de octubre de 2009
O gorrión ou Papá, por qué la gallinita dijo eureka?
Un video para reflexionar e para practicar. Como se di gorrión στα νέα ελληνικά; Ευχαριστώ πολύ για Καρμεν Ριομπό που μου έστειλα.
jueves, 8 de octubre de 2009
martes, 15 de septiembre de 2009
Para os limiaos que cruzaron os Pirineos
Ola benqueridos discípulos. Ata hoxe non me decatara de que debía mirar por vós. Xa sei que estades contentiños e como me alegra que sexades tan dispostos e botados para adiante coñecendo mundo e abrindo aínda máis os vosos horizontes.
Que faltiña faría que o mundo galego mirara máis cara afora e se afastase un pouco do terruño de sempre. En fin, divagacións miñas.
O que ía: non te preocupes, Saúl. Empeza por repasar un chisco as declinacións e o modo indicativo do verbo modelo e do εἰμί.
Para que non che sexa tan aburrido, sen as miñas gracias, colle un dos textos do final do libro e busca artigos, sustantivos, verbos,analízaos e incluso tenta traducir algo. Disme a páxina, e eu corríxocho.
Imos empezar por iso, un repaso gramatical, pero tamén nos imos lanzar a traducir textos de verdade mirando o que non recordedes polo libro.
Ocórreseme algo máis que podes tentar como aventura intelectual boísima. Poderías conseguir unha Ilíada en francés e tentar ler o canto I que entra na selectividade? Téntao e cóntasme.
Φιλάκια για Σαύλ, Ιυάν καὶ Δάνι. Ou sexa, biquiños para os tres limiaos que se nos foron lonxe.
jueves, 18 de junio de 2009
miércoles, 17 de junio de 2009
Γεια σας, παιδιὰ μου. Τί κάνετε;
Σας στέλνω τα αποτελέσματα του τεστ που εκάνατε σήμερα. Θέλω να σας πω κάτι: είστε καλοί μαθητές καὶ είμαι σίγουρα να σας extrañarei πολλά. Φιλάκια.
Notas:
- Saúl: 7
- Jacinto: 8
- Cristina: 6´25
- Mª Paz: 7´5
- Estefanía: 6´5
- Soraya: 4´25
- María G. D: 6´75
- María G. O: 8´25
- Lucía : 5´75
- Iván: 7
Ninguén terá que facer recuperación, aínda que a nosa Afrodita favorita andou na parra demais, pero claro, unha deusa é unha deusa! e tanta actividade amatoria impediulle rebaixarse a estudar aoristos e demais.
Igualmente Mikel J. estaba excesivamente preocupado polo nariz que lle saíu na foto -tranquilo, disque o mesmo lle pasaba a Cleopatra e, sen embargo, arrasaba con todo romano, exipcio ou nubio que por alí pasase-. Tampouco te torturarei estes días que quedan con aumentos, reduplicacións e outras j.... da αρχαία ελληνικά.
O resto, tedes todo bastante aceptable e só se queredes subir nota faredes un exame máis, completo ou da parte na que vós decidades mellorar.
Dito todo isto, despídome ata mañá -aínda teño que ir facer un ratiño de parque, o que menos me gusta da faceta materna-.
Só quedan dous días e librádesvos de min, polo menos por agora!
Que sexades πολύ ευτυχές πάντα.
lunes, 15 de junio de 2009
αγαπημένοι μαθητές μου: Chegou o final de curso e o último exame. Tranquis, o que tiñades que facer xa o fixestes e agora só é cuestión de reafirmar o que xa sabedes. Déixovos a análise da última frase que fixemos na clase. Xa sabedes, se hai dúbidas, enviádeas aquí.
Sux.: Λύκος θεασαμένος αἶγα ἐπὶ τινος κρημνοῦ νεμομένην
Núcleo do Sux.: Λύκος
O resto Mod.(or. sub. adxectiva de participio).
θεασαμένος: Vbo. da subord.
αἶγα ἐπὶ τινος κρημνοῦ νεμομένην: C.D. . O núcleo en groso. O resto Mod.(or.sub. adx. de partic.).; o particip. é o verbo e o Sint.prepos. CC.
παρῄνει Verbo ppal. É pt. imperfecto porque:
- παρ-ῃνει: παρ-αινέω. O aumento de αι é ῃ
- ῃνέ- ε =ῃνει έ+ ε=ει
Raíz- des. secund.
αὐτὴν C.I. , vai en ac. porque o rixe o verbo, tal e como vos puña na nota.
καταβῆναι. C.D
Tradución: Un lobo, vendo/que viu unha cabra que pacía/pacendo nun precipicio, aconselláballe baixar.
martes, 28 de abril de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
