Este verán tiven a sorte de pasear por París e decidín resolver in situ un enigma que había tempo se me presentara.
Tiña escoitado que o epitafio de Jim Morrison -enterrado en París- estaba en grego e despois de equivocarme de cemiterio, cheguei ó de Père Lachete, pescudei a tumba e velaí o epitafio. Deixoume un tanto desconcertada, porque non tiña moi claro o que quería dicir: breve, aberto, quizais unha cita clásica?
De volta á casa, consultei todo o que puiden e vin que o que me pasou a min tamén lle aconteceu a outros. Quixen resolver un αἴνιγμα e topei outros dous:
Quen escribiu este epitafio? Que quixo dicir exactamente?
Aí volo deixo, agradecería a vosa opinión. O primeiro día de clase intercambiaremos opinións -procurade non perdervos no proceloso mar de internet, hai moitas falsidades.
Ata pronto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ola Ana, son Óscar, sorprendentemente, falaron hoxe deste epitafio en "Saber y ganar", onde o traduciron por "fiel ó seu propio espírito", aínda que navegando por internet encontrei diversas interpretacións, xa que, segundo lin, está escrito en grego helénico e neohelénico á vez. As traducións ían desde "cada quen co seu propio demo" ata "ao espírito divino que levaba no seu interior", polo que non cheguei a nada concluínte
Alégrome de que se producira esa coincidencia en torno a este epitafio misterioso.
Imos agardar que aparezan máis comentarios ó respecto e dareivos a miña opinión persoal. Γεία σου, Όσκαρ
Publicar un comentario