viernes, 17 de septiembre de 2010
jueves, 16 de septiembre de 2010
Unha de epitafios
Este verán tiven a sorte de pasear por París e decidín resolver in situ un enigma que había tempo se me presentara.
Tiña escoitado que o epitafio de Jim Morrison -enterrado en París- estaba en grego e despois de equivocarme de cemiterio, cheguei ó de Père Lachete, pescudei a tumba e velaí o epitafio. Deixoume un tanto desconcertada, porque non tiña moi claro o que quería dicir: breve, aberto, quizais unha cita clásica?
De volta á casa, consultei todo o que puiden e vin que o que me pasou a min tamén lle aconteceu a outros. Quixen resolver un αἴνιγμα e topei outros dous:
Quen escribiu este epitafio? Que quixo dicir exactamente?
Aí volo deixo, agradecería a vosa opinión. O primeiro día de clase intercambiaremos opinións -procurade non perdervos no proceloso mar de internet, hai moitas falsidades.
Ata pronto

Aqui estamos de novo!
Γεια σας, παιδιά.
Aquí estamos de novo, neste espazo que compartiremos polo menos un curso.
Douvos a benvida a vós que vos unides a este paseo polo mundo grego e romano que nos une. Saúdo de novo a quen xa andivo por estas terras virtuais o ano pasado. Recordo a quen partiu por outros vieiros cara un futuro no que, agardo,haberá un recordo para nós.
O primeiro exercicio que vos propoño ven da man de Chiron, un lugar onde vos mandarei con frecuencia. Paréceme un precioso traballo onde se mesturan imaxinación, creación, poesía... Agardo que vos guste
Como despedida,queridas alumnas e alumnos de 2º de bacharelato no curso 2009-2010
a foto que vos dixen que publicaría -xa sei, está cortada e a calidade é horrible; solucionareino, tédeme confianza.Ευτυχεία.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)