martes, 3 de noviembre de 2009
domingo, 1 de noviembre de 2009
῾Υπατία
Συγνώμη, παιδιὰ, retraseime moito pero, por fin, aquí vos queda o espazo para enviar o material que elaborastes sobre Hipatia.
domingo, 25 de octubre de 2009
O gorrión ou Papá, por qué la gallinita dijo eureka?
Un video para reflexionar e para practicar. Como se di gorrión στα νέα ελληνικά; Ευχαριστώ πολύ για Καρμεν Ριομπό που μου έστειλα.
jueves, 8 de octubre de 2009
martes, 15 de septiembre de 2009
Para os limiaos que cruzaron os Pirineos
Ola benqueridos discípulos. Ata hoxe non me decatara de que debía mirar por vós. Xa sei que estades contentiños e como me alegra que sexades tan dispostos e botados para adiante coñecendo mundo e abrindo aínda máis os vosos horizontes.
Que faltiña faría que o mundo galego mirara máis cara afora e se afastase un pouco do terruño de sempre. En fin, divagacións miñas.
O que ía: non te preocupes, Saúl. Empeza por repasar un chisco as declinacións e o modo indicativo do verbo modelo e do εἰμί.
Para que non che sexa tan aburrido, sen as miñas gracias, colle un dos textos do final do libro e busca artigos, sustantivos, verbos,analízaos e incluso tenta traducir algo. Disme a páxina, e eu corríxocho.
Imos empezar por iso, un repaso gramatical, pero tamén nos imos lanzar a traducir textos de verdade mirando o que non recordedes polo libro.
Ocórreseme algo máis que podes tentar como aventura intelectual boísima. Poderías conseguir unha Ilíada en francés e tentar ler o canto I que entra na selectividade? Téntao e cóntasme.
Φιλάκια για Σαύλ, Ιυάν καὶ Δάνι. Ou sexa, biquiños para os tres limiaos que se nos foron lonxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)