lunes, 19 de abril de 2010

Επιστροφή των Μαρμάρων του Παρθενόνα τώρα. Quosque tandem....


Ata cando haberá que seguir pedindo que devolvan á Hélade o que lle levaron? Cada certo tempo avívase a reivindicación que Melina Mercuri -actriz e cantante grega-, sendo ministra de cultura, levou polo mundo nos anos oitenta.
Ata agora, só en 2006 se conseguiu que un pé pertencente a un relevo do friso do Partenón fose devolto por unha Universidade alemana. Parecía un gran paso o que este pé daba xa que se rompía a disciplina de grupo imposta entre todos os saqueadores. Sen embargo aí se detivo a historia.
Agora, coas posibilidades da rede, as campañas teñen máis difusión. Este ενδιαφέρον video quere tocarnos as conciencias.
Neste mesmo blog hai outra entrada coa ligazón a unha páxina interesante, onde podedes ver o que está no Partenón e o que está no British.
Hai moitos máis sitios que podedes ir pescudando na rede.Este tamén me gusta.
Quen sabe se así...

jueves, 15 de abril de 2010

Kavafis

Como me gustan os enigmas! aquí vos deixo outro: Por que Óscar lle otorgou a Kavafis a nacionalidade exipcia, mentras que na meirande parte das biografías poderemos ler que era grego? Investigade, investigade e compartide os froitos das vosas pesquisas.

ΙΘΑΚΗ. Para todos e todas os que lestes Zara y el librero de Bagdad. En especial para Óscar que fixo referencia a este poema.





Agora o texto orixinal en grego e a tradución -o máis literal posible para que vaiades vendo a correspondencia entre as dúas linguas-, así xa nos acollemos ó principio do trilingüismo:
Σα βγεις στον πηγαιμό για την Ιθάκη, Cando fagas a viaxe cara a Ítaca
να εύχεσαι νάναι μακρύς ο δρόμος, prega que sexa longo o camiño
γεμάτος περιπέτειες, γεμάτος γνώσεις. cheo de peripecias, cheo de coñecementos.
Τους Λαιστρυγόνας και τους Κύκλωπας, Ós Lestrigóns e ós Cíclopes
τον θυμωμένο Ποσειδώνα μη φοβάσαι, ó entolecido Poseidón non temas,
τέτοια στον δρόμο σου ποτέ σου δεν , tales cousas xamais no teu camiño
θα βρεις atoparás
αν μεν' η σκέψις σου υψηλή, se o teu pensamento se mantén alto,
αν εκλεκτή se unha senlleira
συγκίνησις το πνεύμα και το σώμα σου αγγίζει. emoción che toca a alma e o corpo.
Τους Λαιστρυγόνας και τους Κύκλωπας, Os Lestrigóns e os Cíclopes,
τον άγριο Ποσειδώνα δεν θα συναντήσεις, o furioso Poseidón ton atoparás,
αν δεν τους κουβανείς μες στην ψυχή σου, se non os levas dentro da túa alma,
αν η ψυχή σου δεν τους στήνει εμπρός σου. se a túa alma non os pon ante ti.
Να εύχεσαι νάναι μακρύς ο δρόμος. Prega que sexa longo o camiño.
Πολλά τα καλοκαιρινά πρωϊά να είναι Que moitas veraniegas mañáns haxa
που με τι ευχαρίστησι, με τι χαρά nas que con que pracer, con que ledicia
θα μπαίνεις σε λιμένας πρωτοειδωμένους, entrarás en portos non vistos antes,
να σταματήσεις σ' εμπορεία Φοινικικά, que ancores en emporios fenicios,
και τες καλές πραγμάτειες ν' αποκτήσεις, e que bo xénero merques,
σεντέφια και κοράλλια, κεχριμπάρια κ' έβενους, nácares e corais, ámbares e ébanos
και ηδονικά μυρωδικά κάθε λογής, e sensuais perfumes de toda clas,
όσο μπορείς πιο άφθονα ηδονικά canta máis cantidade poidas de sensuais
μυρωδικά, perfumes
σε πόλεις Αιγυπτιακές πολλές να πας, a moitas cidades exipcias vai,
να μάθεις και να μάθεις απ' τους σπουδασμένους.aprende e aprende dos sabios.
Πάντα στον νου σου νάχεις την Ιθάκη. Sempre na túa mente ten Ítaca.
Το φθάσιμον εκεί ειν' ο προορισμός σου. A chegada alí sexa o teu destino.
Αλλά μη βιάζεις το ταξείδι διόλου. Pero non forces a túa viaxe nada.
Καλλίτερα χρόνια πολλά να διαρκέσει Mellor que moitos anos dure
και γέρος πια ν' αράξεις στο νησί, e, vello xa, que ancores na illa,
πλούσιος με όσα κέρδισες στο δρόμο, rico con todas as ganancias do camiño
μη προσδοκώντας πλούτη να σε δώσει η Ιθάκη. sen agardar que riquezas che dea Ítaca.
Η Ιθάκη σ'έδωσε τ' ωραίο ταξείδι. Ítaca deuche a fermosa viaxe.
Χωρίς αυτήν δεν θάβγαινες στον δρόμο. Sen ela non empezarías o camiño.
Άλλα δεν έχει να σε δώσει πια. Pero non ten máis que darche.
Κι αν πτωχική την βρεις, E aínda que a vexas pobre,
η Ιθάκη δε σε γέλασε. Ítaca non te enganou.
Έτσι σοφός που έγινες, με τόση πείρα, Xa que sabio te fixeches, con tanta
experiencia,
ήδη θα το κατάλαβες οι Ιθάκες τι σημαίνουν. xa entenderías as Ítacas que significan.


Κωνσταντίνος Π. Καβάφης Constantino P. Cavafis.

martes, 6 de abril de 2010

Águila Roja

Non dou co cadro que se ve nunha das habitacións. Descartado o que eu cría que era -Venus e Adonis- de Tiziano .
O que se ve no corredor, penso que é este
O próximo día que vexamos a serie, a repasar!

domingo, 4 de abril de 2010

καλό Πάσχα!

Mirade, por favor, a entrada do ano pasado por estas datas. Os de 2º xa a coñecedes pero penso que os de 1º non. É gracioso.

sábado, 3 de abril de 2010

Σ´αγαπώ

Ιago enviounos este enlace da versión de Αλκηστης Προτοψάλτη que vos puxen na clase. Un pouco cursi a montaxe, pero é o que hai. Ευχαριστώ πολύ, Ιάγω.